Capítulo I da Asociación en Xeral
Artigo 1º.- Constitúese en Fene, unha asociación sen ánimo de lucro que se denomina Asociación Deportiva Ciclista B.T.T. Fene.
A Asociación rexerase polos presentes estatutos, pola lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación e pola demáis lexislación existente en materia de asociacións que lle sexa aplicable.

Artigo 2º.- Son fins principais da Asociación:
- Contribuir á promoción deportiva dos/as seus asociados/as.
- Contribuir á dinamización sociocomunitaria da comunidade así como creación de hábitos saúdables mediante a organización de actividades de práctica deportiva.
- A prestación de servicios sociais ó conxunto da comunidade.
- Promover, nos termos establecidos na lexislación vixente, a extensión do uso do galego entre a comunidade.
…